Medir

Funcións / A axenda do centro

Unha axenda para todo o equipo.

Cada profesional co seu horario, cada servizo coa súa duración e a súa sala. Os teus pacientes, e quen aínda non o é, piden cita a calquera hora dende a túa páxina.

Servizos e salas
Cada servizo coa súa duración, o seu prezo e a sala que ocupa.
Horario, tramos e ausencias
Tramos co seu máximo de visitas, descansos que ninguén ve e as ausencias de cada persoa.
A túa páxina de reservas
gomedir.com/o-teu-centro ou gomedir.com/o-teu-nome, cos ocos libres. Unha cita de alguén novo agarda a túa aprobación, e podes pedir unha sinal ao reservar.
O teu paciente, ao seu ritmo
Dende a súa páxina pide, confirma, cambia ou cancela a súa cita, dentro dos prazos que ti pos.

Preguntas frecuentes

Quen pode pedir cita?

Os teus pacientes dende a súa páxina, se o activas na súa ligazón, e calquera persoa dende a túa páxina de reservas. Unha solicitude de alguén novo sempre agarda a túa aprobación.

Pídello a Medir

Crea a túa conta gratuíta nun momento e comeza hoxe.