Medir

Funcións / WhatsApp e Telegram

A túa consulta, tamén dende o móbil.

Conecta o teu Telegram (en todos os plans) ou o teu WhatsApp (nos plans de pagamento) e fala con Medir como na web: pregunta pola axenda de mañá, abre un paciente e segue traballando con el entre visita e visita.

O mesmo que na web
O mesmo asistente e a mesma conversa: o que comezas no móbil segue na web.
Iniciais e alcume
No chat os pacientes nómeanse polas súas iniciais e un alcume; os seus datos persoais non se escriben aí.
Notas de voz
Grava o que queiras contar e Medir enténdeo coma se o escribises.
Ligazóns dun só uso
Para ver unha parte da ficha, Medir mándache unha ligazón que se abre unha soa vez e na túa conta.

Preguntas frecuentes

É seguro?

WhatsApp e Telegram non son canles pensadas para datos de saúde. Por iso Medir non escribe nelas nada que identifique o paciente e pídeche un toque para confirmar calquera cambio dunha cita.

Pídello a Medir

Crea a túa conta gratuíta nun momento e comeza hoxe.